Confirmacións 2021

Din que á terceira vai a vencida. Tras dous intentos, a pandemia da covid19 fixo que o Vigairo para a Nova Evanxelización non poidese vir a Xinzo a administrarlles o Sacramento da Confirmación. Fíxose unha nova convocatoria para o día 1 de maio e contabamos coa presencia do noso Bispo D. Leonardo Lemos Montanet, pero unha indisposición comunicounos que non podía asistir e que iba pedirlle ao Bispo Auxiliar de Santiago se podía vir el. D. Francisco José, conocedor de que era o terceiro intento para confirmar a estes xóvenes, non o dubida e acepta a petición de D. Leonardo (cousa que agradecemos).
Ás 11:20 chegaba, acompañado do seu secretario D. Mario, á porta do templo parroquial onde era recibido por dous sacerdotes que o acompañan ao interior do templo parroquial para iniciar puntualmente a celebración da confirmación dos 18 xóvenes da parroquia. Na celebración D. Francisco estivo acompañado por D. Tomás e D. Javier e o seu secretario particular. Morosi e Alicia se encargaron de solemnizar o acto coas súas voces e os confirmandos participaron activamente na súa confirmación. Esperamos e desexamos que o Espírito Santo os ilumine na súa vida cristiá.

 .
 .
 .