Fai moitos os anos que se comezou co proxecto de restauración desta casa reitoral: xa sendo párroco da vila D. José Gallego Borrajo se fixera un primeiro proxecto, daquelas o seu “elevado coste” e os limites burocráticos necesarios fixeron imposible levar a obra a cabo; sendo D. Tomás Delgado párroco fíxose un segundo intento aproveitando o “Boon da construción” de aquel tempo, pero tampouco se conseguiu levalo a práctica por diversas circunstancias que preferimos non recordar… Anos mais tarde, sendo alcalde de Xinzo Antonio Pérez e en conversacións cos párrocos de Xinzo interesouse por retomar o tema xa que veía como unha casa tan significativa para o pobo e en tan bo sitio se estaba caendo (a parte do perigo que levaba consigo meter alí os rapaces da catequeses, e as outras actividades que se levaban acabo alí) e dando unha mala imaxe para a vila. Por iso propón votarnos unha man para buscar axudas nas distintas administracións locais, provinciais e autonómicas. Unha vez retomado o tema fíxose unha nova valoración da obra e comprobouse que coas exixencias de patrimonio e o encarecemento do material facíase case imposible levar a cabo o proxecto, a súa insistencia e o deterioro da casa (onde se facía case imposible a realización das tarefas que en ela se levaban a cabo: catequeses, despacho parroquial, Cáritas, roperillo, e outras actividades…) correndo riscos de derrube polo mal estado no que estaba, facían mais necesario ca nunca a realización da obra. Os bispos que pasaron neste tempo pola nosa dioceses vían urxente a realización da obra pero o seu coste facía imposible a súa realización. Antonio Pérez propuxo ir a Deputación falar con D. J. Manuel Baltar e visitar o Presidente da Xunta… e alá fomos: tanto un como outro aceptaron axudarnos con ambas subvención de 150.000€; o Concello de Xinzo nunha reunión co Bispo díxonos que aportaría o mesmo (inda que pedían algo a cambio para xustificar a súa aportación). O bispado aportaría tamén a mesma cantidade co cal dabamos xuntado para poder iniciar a obra se Patrimonio rebaixaba as súas exixencias de restauración no interior da casa. Isto último levounos a ter varias conversas con Patrimonio da Xunta chegándonos a xuntar as catro partes e contando coa axuda e colaboración do Deputado Autonómico Carlos Gómez Salgado (que sempre estivo disposto a axudarnos falando repetidas veces co Conselleiro de Cultura, cos de Patrimonio da Xunta, e con outros organismos). Logramos que viñeran dende a Xunta ver a Casa e ver o que se podía facer e conseguimos que o coste da obra quedaron na cantidade que tiñamos. Pero por diversas circunstancias e tras deixar a alcaldía de Xinzo Antonio Pérez, e pasar por ela tres novos alcaldes…deciden baixar a súa aportación a 50.000€. Ante tal situación y tras varias conversacións decídese non pedir nada a cambio por parte de Concello e as outras partes do convenio deciden adaptar as obras o presuposto actual (150 mil o bispado, a Deputación e a Xunta e 50 0 Concello: 500.000€). O Bispado encargase de buscar o arquitecto que redacte o novo proxecto adaptándose as novas circunstancias para conquerir levar a obra a cabo. Por outra banda, os sacerdotes da parroquia tiñamos claro quen queriamos que fixera a obra e pedímoslle que fixera unha nova valoración da obra e ver se podía rebaixar o seu coste; (pedíronse dous presupostos mais pero eran mais elevados). Por iso adicousa a obra a “Construcciones Barrio Cartucho” de Xinzo de Limia. Despois de tantas idas e vindas, e deixando atrás moitos pequenos detalles que case nos fixeron desistir varias veces do proxecto, POR FIN SE FIRMA O CONVENIO E SE PODE COMEZAR A OBRA. Foi un largo proceso de moitos anos, de moitos acordos e desacordos, de moitos enfados en sen sabores, de moitos atrancos de quen menos o esperabamos, pero grazas as axudas recibidas e o apoio de Antonio Pérez, de Carlos Gómez, e de outros… a obra está en marcha, e Xinzo contará co unha Reitoral restaurada onde poderán vivir dignamente os sacerdotes da parroquia, ter un despacho para atender os fregueses, unhas salas para reunións parroquiais, unhos locais para Cáritas, para a catequeses e demais servicios parroquiais. Dende aquí en nome dos sacerdotes da Parroquia agradecer a todos os que fan posible esta obra e a todos os que colaboraron: A Xunta de Galicia, a Deputación Provincial de Ourense, o Concello de Xinzo de Limia, o Bispado de Ourense…e, dunha maneira moi especial a Antonio Pérez e a Carlos Gómez, así como a todos aqueles que sempre estiveron a noso lado dispostos a votar unha man. GRAZAS.
A obra van chegando o seu fin: o día 10 de Decembro do 2021: O Director Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia, o Vicario Episcopal de Economia do Bispado de Ourense, o Arquitecto da Obra e a aparexadora, xunto co Contratista firmaron, ante varios testigos de todas as organización cooperantes, o FIN DA OBRA. a COUSA VAN CHEGANDO O SEU FIN. Xa so queda os últimos retoques, amueblala e TER A INAGURACIÓN OFICIAL, que esperemos e desexamos que sexa en breve: ANUNCIAREMOLA.








