FESTA DO SANTO CRISTO DE LAMAS

Dende o xoves, 28 de Abril, tivemos na capela de Lamas a Novena o Cristo de Lamas, onde se enchía todolos dias a capela. O Día 3, día da sua festa tivemos alí a Misa solemne, e o fin de semana despois de terminar a Novena foron a festas patronais. O domingo, día 8 as 12 comezaba dende o templo parroquial a Procesión coa imaxen da Virxen Dolorosa e o Santo Cristo co seu estandarte, acompañados «Dos Danzantes de Lamas» cos seus bailes ancestrales. Neste día acompañounos o noso Bispo, D. Leonardo, presidindo a procesión e a Misa que tivo lugar no exterior da capela.