FESTA DE SANTA MARIÑA 2022

Neste ano quixemos reanudar a festa da nosa comunidad parroquial que por mor da pandamia tiveramos que suprimir. Os actos comenzaron nove días antes coa Novena a Santa Mariña, e o día 17 tivemos as Visperas coa Adoración Nocturna.

O día da Festa, 18 de Xullo. comezabamos a mañá coa Misa das nove. As 12 saía a Procesión dende a Igrexa Vella co repique das campás. Moitos fieis se sumaron a procesión acompañandoa imaxe de Santa Mariña co seu estandarte, a imaxen da Virxe do Carmo co seu estandarte, on membros da Dadoración nocturna coa súa bandeira, o Grupo de Gaitas e Percusión do Concello de Xinzo de Limia, a Agrupación Musical da Limia e a Coral Santa Mariña que participarían ademais na Misa; non faltaron as autoridades do Concello, o Diputado Autonómico, os representantes da Policia Local e da Garda Civil , os sacerdotes (D. Francisco López Gómez, párroco de Allariz foi o encargado de presidir dita celebración.

A Procesión percorreu algunhas rúas da Vila ( recortando o percorrido tradicional por o calor reinante neste día). Facendo unha parada no grupo de viviendas Santa Mariña e despois dirixindose a Igrexa Nova onde se celebrou a Eucaristía solemne.