FESTA DE SAN SEBASTIÁN 2023

Coma todos os anos o día 20 de Xaneiro celebramos a Festa de San Sebastían, copatroo da nosa parroquia de Santa Mariña de Xinzo de Limia.

E o redor de esa fecha a Policia Local de Xinzo honra o seu patrón. Con este motivo o domingo, día 22, tivemos a Procesión con santo saíndo da Igrexa Vella de Xinzo e portada por algúns membros da Policia Local, acompañados da Banda de Gaitas e Percusión Mucinipal de Xinzo de Limia, a Agrupación Musical da Limia, as autoridades do Pobo civis e militares e un gran grupo de feligreses. Percorrendo distintas rúas da vila para o chegar o grupo de viviendas San Sebastíán ter ali unha pequena oración e continuar pola rúa Curros Enriquez onde se atopan as dependencias da Policia Local e dende alí ir ata Igrexa nova onde se celebroua Eucaristía con grn afluencia de xente e a participación do coro parroquial.

Recuperando así esta fermosa festa que a Pandemia do COVI19 nos fixera deixar de celebrala.