MES DE MAIO 2024

Coma todos os anos no mes de Maio honramos de unha forma especial a María por todos os barrio da Parroquia.

O día 9, xoves, tivemos o primeiro destes actos comezando no Parque do Pombal, indo a Grupo de vivendas Santa Mariña, percorrendo parte do Barrio de Abaixo ata chegar a Igrexa Vella.

2º ACTO MARIANO: O xoves día 16 tivemos o segundo deste actos, a pesares de que choveu durante toda a tarde, tanto os que fixeron os altares coma un grupo de homes e mulleres non quixeron que se suspendera este aco, ainda que tiveramos que ir con paragúas e mollarnos un pouco. Esta vez foi na zona do Poligono, terminando na Residencia Santa Mariña onde quedou a imaxen ata o próximo xoves.