23-10-2022
ASISTIRON O ACTO:
- Sr. Obispo da Dioceses de Ourense D. Leonardo Lemos Montanet,
- Sr. Director Xeral de Cultura D. Anxo Manuel Lorenzo Suárez,
- Sr Vicepresidente da Diputación Provincia de Ourense, D Rosendo Fernández,
- Sr. D, Carlos Gómez, diputado autonómico e veciño de Xinzo de LImia.
- Sra. Dª Elvira Lama, alcaldesa de Xinzo de Limia e Diputada Provincial,
- Sres Concelleiros/as do Concello de Xinzo de Limia presentes
- Sr. Vicarío Episcopal para o Patrimonio e o Sosteñemento da Igrexa, D. Raúl Alfonso González,
- Ecónomo da Diócesis D. Daniel Argiz Rodríguez.
- D. José Gallego Borrajo; expárroco de Xinzo de Limia…y Vicario do Clero.
- Membros da Policia Local de Xinzo.
- D, Aurelio Outeiriño Fernández, Arquitecto da Obra.
- D. Antonio Pérez, excalde de Xinzo.
- Contrucciones “Barrio Cartucho”,
- E veciños.
Fai moitos os anos que se comezou co proxecto de restauración desta casa reitoral, que fora construida ao longo do seculo XVII e dende
entón sufriu diversas reformas. : xa sendo párroco da vila D. José Gallego Borrajo fixerase un primeiro proxecto, daquelas o seu “elevado coste” e os limites burocráticos necesarios fixeron imposible levar a obra a cabo; sendo D. Tomás Delgado párroco fíxose un segundo intento aproveitando o “Boon da construción” de aquel tempo, pero tampouco se conseguiu levalo a práctica por diversas circunstancias.
Anos mais tarde, sendo alcalde de Xinzo Antonio Pérez e en conversacións cos párrocos de Xinzo interesouse por retomar o tema xa que veía como unha casa tan significativa para o pobo e en tan bo sitio se estaba caendo. Propón votarnos unha man para buscar axudas nas distintas administracións locais, provinciais e autonómicas.
Os bispos que pasaron neste tempo pola nosa dioceses vían urxente a realización da obra pero o seu coste facía imposible a súa realización.
Antonio Pérez propuxo ir a Deputación falar con D. J. Manuel Baltar e visitar o Presidente da Xunta… e alá fomos: tanto un como outro aceptaron axudarnos con ambas subvención de 150.000€; o Concello de Xinzo aportaría 5O.OOO€. O bispado aportaría tamén 150.000€ co cal dabamos xuntado para poder iniciar a obra.
O Bispado encargase de buscar o arquitecto que redacte o novo proxecto adaptándose as novas circunstancias para conquerir levar a obra a cabo.
Por outra banda, os sacerdotes da parroquia pedimos que o contratista fora de Xinzo e abdicouse a obra a “Construcciones Barrio Cartucho” de Xinzo de Limia.
Despois de tantas idas e vindas, e deixando atrás moitos pequenos detalles que case nos fixeron desistir varias veces do proxecto, POR FIN SE FIRMA O CONVENIO E SE PODE COMEZAR A OBRA.
Foi un largo proceso de moitos anos, pero grazas as axudas recibidas e o apoio de Antonio Pérez, de Carlos Gómez, e de outros… a obra levase a cabo, e Xinzo conta con unha Reitoral restaurada onde poderán vivir dignamente os sacerdotes da parroquia, ter un despacho para atender os fregueses, unhas salas para reunións parroquiais, uns locais para Cáritas, para a catequeses e demais servicios parroquiais.
Dende aquí en nome do bispo e dos sacerdotes da Parroquia agradecer a todos os que fixeron posible esta obra e a todos os que colaboraron: A Xunta de Galicia, a Deputación Provincial de Ourense, o Concello de Xinzo de Limia, o Bispado de Ourense…e, dunha maneira moi especial a Antonio Pérez e a Carlos Gómez, así como a todos aqueles que sempre estiveron a noso lado dispostos a votar unha man. GRAZAS TODOS.