SANTA MARIÑA 2023

O día 18 de Xuño, festa da nosa Patroa Santa Mariña, celebramos a súa festa. Tivemos Misa as 9 da mañá na Igrexa Vella; as 12 saliu a procesión dende a Igrexa Vella coas imaxenes de Santa Mariña e a Virxen do Carmen, cos seus estandartes e a bandeira da Adoración Nocturna, acompañadas da Banda de Gaitas e Percusión do Concello de Xinzo de Limia e a Agrupación Musical da Limia, coa presencia da nova corporación municipal presidida polo novo alcalde Amador Diaz, os sacerdotes da Parroquia, D. Luis Javier, natural desta parroquia, e presidindo a Procesión D. Jorge Estévez, Delegado Diocesano de Medios de Comunicación Social, quen presidiría, tamén, a Eucaristia que celebramos o chegar a procesión a Igrexa Nova, contando coa animación da Coral Santa Mariña. No percorrido paramos no Grupo de viviendas Santa Mariña para ter alí unha breve oración. Pola tardde tivemos Misa as 20:00.