CONFIRMACIONES 2024

O domingo, día 30 de Xuño, D. Leonardo Lemos Montanet, desplazouse ata Xinzo de Limia para presidir a celebración da Eucaristía onde 43 xovenes da Comarca da Limia recibirían o Sacramento da Confirmación. Nunha celebración que tiña lugar na Igrexa Nova de Xinzo de Limia pasadas as 20:00 horas e que terminaría pasadas as 21:00 horas na que os confirmandos participarían activamente na celebración acompañados dos seus padriños, familiares e amigos. O termino da clebración, na que estiveron acompañados de varios sacerdotes da zona, o Sr. Bispo entregoulles a cada un unha cruz como recordo deste día tan especial para eles. A celebración foi solemnizada polo coro parroquial.